lunes, 3 de septiembre de 2012

PASAMENTO DO CREADOR DO “MIUDIÑO”


ADEUS A FITO
DO GRUPO “A RODA”
 

Filo e Fito Domínguez (Foto Xosé-Luís Blanco)
 

O CANTANTE FOI ATOPADO MORTO Á ENTRADA DA SÚA CASA EN VIGO
 

DASE A CIRCUNSTANCIA DE QUE A SÚA DONA FALECEU HAI UNS DIAS
 
OS XORNAIS GALEGOS FANSE ECO DO PASAMENTO DO LIDER DO POPULAR GRUPO MUSICAL
 

 
 
Parecía imposible que xurdira unha canción que desprazara á famosa “Rianxeira” do seu posto de canción sabida por todos, para cantar a coro en ocasións especiais, pero o certo é que chegou o grupo A Roda e a súa versión do tema “Miudiño” desprazou por completo a melodía rianxeira, que pasou a convertirse en himno non oficial das gradas de Balaidos e en tema de obrigado peche das festas patronais de Rianxo. Porque o certo é que, duns anos a esta parte, cando alguén quere que canten todos, nunha xuntanza galega, non ten mais remedio que entoar aquelo de “eche un andar miudiño, miudiño, miudiño…”. Noutras verbas, ten que arrancar coa melodía popular que grabaron, hai hoxe trinta e cinco anos, aqueles xoves vigueses que formaron o grupo A Roda. É algo que sucede en calquera lugar do mundo onde hai galegos.
 
Pois ben, unha das voces que gravou aquela versión do “Miudiño” acaba de calar para sempre. As edicións dixitais dos xornais galegos están dando conta desde esta mañá do pasamento de Fito Domínguez, que era a image de A Roda, o grupo creador deste éxito e de moitos éxitos mais. Dase a circunstancia de que, debido á popularidade do grupo, Fito e os seus compañeiros tiveron ocasión de actuar en moitos países con presenza galega e coñeceron moi ben a vida do mundo da emigración, onde tódolos artistas populares galegos son moi queridos.
 
Aquí, en Puerto Rico, onde non hai xuntanza galega que non remate co “Miudiño”, sentimos no mais fondo o pasamento de Fito Domínguez e trasladamos o noso máis sentido pésame ós seus familiares e compañeiros de grupo.

 

 

A NOVA NA PRENSA
 

No diario dixital en língua galega GALICIA HOXE, os titulares dín: Atopan morto no seu domicilio en Vigo ao fundador do grupo A Roda. Fito Domínguez tiña 66 anos de idade. Logo, desenvolve a noticia sinalando que “o fundador do grupo folclórico A Roda, Adolfo Domínguez, foi atopado morto na madrugada do pasado domingo no seu domicilio da cidade de Vigo. Segundo os datos facilitados pola Policía Nacional a Europa Press, Fito Domínguez, de 66 anos, foi achado morto no seu domicilio ás 6.25 horas do domingo polo seu fillastro. O fundador de A Roda foi atopado no chan na entrada do terreo onde reside na rúa Doutor Corbal. Ao lugar, ademais da Policía Nacional acudiu persoal do 061, que nada puido facer por el, xa que estaba falecido. O corpo presentaba unha pequena ferida no lado esquerdo, do que caeu ao chan, pero, segundo subliñou a Policía Nacional, non tiña signos externos de violencia. Os restos mortais de Fito Domínguez foron trasladados ao Hospital Nicolás Peña. Recentemente falecera a súa muller”.
 
 
 

        O xornal FARO DE VIGO titula: Fallece el fundador de A Roda. El músico Fito Domínguez llevó la canción popular gallega a los emigrantes de todo el mundo. E ofrece todos estos detalles: “Adolfo Domínguez -más conocido por todos como Fito-, el cantante y alma del conocido grupo musical A Roda, falleció ayer en Vigo tan solo unos días después de la muerte de su mujer, Filomena Dourado. Fito Domínguez tuvo que comenzar a trabajar a los 14 años y trabajó como pastelero, calderero y en la construcción hasta llegar a la soldadura. Trabajó en el metal en Vulcano y Ascón y fue aquí, en la construcción naval, cuando aparecería A Roda. En esta época se solía cantar en los bares, tabernas y en la propia zona de Fito, en Teis, ésta era una costumbre habitual. Esta circunstancia hizo que conociera a quien también sería un amigo íntimo suyo, el pintor Lodeiro, con el que coincidía en lugares donde se reunían los artistas. Fue entonces cuando surgió A Roda, gracias a un trato con una multinacional. En toda esta etapa como artista en A Roda, Fito simultaneó sus oficios, la construcción naval y la música. Después de varios discos, giras y viajes a los centros de la emigración -fue también en esta etapa cuando se dejó barba, es decir hace 25 años-, Fito asumió la dirección del grupo tras la marcha de Luis Vaamonde, precisamente por su voz ya peculiar y conocida, una voz profunda y viril. Así transcurrieron los anos en A Roda, consiguiendo el grupo cada vez más fama. La familia de Fito, tanto su mujer como su hijo Alfredo, participaban de forma activa en el grupo”.
 

Fito cantando con Luis Vaamonde
 

        Pola súa banda, LA VOZ DE GALICIA ofrece a noticia do pasamento do cantante con este titular: Aparece muerto en su casa de Vigo Fito Domínguez, fundador de A Roda. Hace tan solo una semana había fallecido su mujer. A seguir, ofrece una crónica na que podemos ler o seguinte: “Adolfo Domínguez Otero, popularmente conocido como Fito, fue hallado ayer muerto en su domicilio de Vigo. El cantante de las barbas largas fundó el grupo folclórico A Roda a mediados de los años setenta en el barrio vigués de Teis. Se da la trágica circunstancia de que hace tan solo una semana fallecía la mujer de este popular cantante. Fito era uno más de los soldadores que trabajaban en los astilleros de este barrio vigués, donde se conservaba la costumbre de cantar en los bares, especialmente los domingos por la mañana. Ahí fue donde nació A Roda, con esa vocación de formación inclinada hacia la vertiente vocal del folclore gallego. Pousa, pousa, O andar miudiño y O gato fueron extraídas por A Roda de los ambientes tabernarios para acceder a todos los públicos a través de sus primeras grabaciones.

Aquel primer disco, el más vendido de la discografía de A Roda, era toda una declaración de carpe diem. En aquella primera formación, en la que estaba Luis Vaamonde, hermano de Suso Vaamonde, sobresalía la voz varonil de Fito Domínguez. Un año después, el grupo era distinguido con el Premio da Crítica de Galicia por su labor a favor de la normalización lingüística en el área musical. Con el paso del tiempo, Fito Domínguez se fue haciendo con las riendas del grupo, por el que pasó incluso uno de sus hijos. También fue debido a Fito y a su mujer Filo el camino que emprendió el grupo hacia la profesionalización, hecho que provocó la renovación de sus miembros y que se introdujeran más instrumentos tocados por músicos profesionales. Todos los fines de semana de este pasado mes de agosto, A Roda estuvo presente en alguna de las numerosas fiestas que se suceden en Galicia”.
 
 
 

Por último, EL CORREO GALLEGO ofrece unha completa reportaxe gráfica e titula deste xeito: Encuentran muerto en su casa a Fito Domínguez, fundador de A Roda. El diario de la capital de Galicia complementa la información de agencia con un listado de los discos grabados por el intérprete vigués y sus compañeros. Fueron los siguientes:
 

1º - A Roda (1977)

2º - Falemos galego (1979)

3º - Pra os amigos (1980)

4º - Os mariñeiros (1990)

5º - Eu teño un compadre (1992)

6º - A Roda rodando - Recopilatorio (1993)

7º - Os Quintos (1995)

8º - Lembranzas - Recopilatorio (1995)

9º - Na branca noite - Panxoliñas (1996)

10º - Galicia terra única - Promocional (1997)

11º - Onde Galicia é Portugal (1998)

12º - R.C.Celta - A Roda (1999)

13ª - Aí o vén - Single promocional (1999)

14ª - O son do camiño - Single promocional (2004)

15º - A Roda alalá adora (2006)

 
Portada do primeiro disco de A Roda
 

1977, ANO DE “A RODA”


O famoso grupo vigués de música popular gravou o seu primeiro LP en 1977 e foi tal o seu éxito que recibíu nada menos que o Premio da Crítica Galega ó ano seguinte. Aquel disco, titulado xenéricamente “A Roda”, e gravado coa dirección de Gustavo Ramudo e a producción de Xerardo Rodríguez, incluía temas tan coñecidos como “O andar miudiño”, “Pousa, pousa”, “O gato”, “A volta da festa” e aquela que fala do arroz con chícharos, as patacas novas, o repolo de Betanzos... e as cebolas.
 
 
Portada para CD daquel primeiro disco de A Roda
 

A Roda triunfou rápidamente porque foi o primeiro grupo que se decidiu a interpretar as tradicionais cancións de taberna, as cancións máis populares, sen cumprir cos cánones seguidos ata entón por cantos entraban nun estudio de gravación, mesmo ó xeito de quen toma un albariño e entoa con toda naturalidade unha cantiga... Era unha experiencia inédita e triunfou.
 
 
 


Axiña chegaría o segundo LP, titulado “Falemos galego”, gravado cunha nova editora, Dial-Limoeiro, o selo que levaba Suso Vaamonde. Xa non tiña, naturalmente, a frescura do primeiro, que tiña a compoñente engadida da sorpresa, pero foi outro bo disco. Neste segundo, Luís Vaamonde e seis compañeiros cantaron temas como o que daba título ó disco e a “Foliada do Celta”. O terceiro LP foi “Pra os amigos”, na liña dos anteriores, e o cuarto, que chegou despois dunha longa paréntese, xa en 1990, titulouse “Os mariñeiros”. Entre outras, nesta gravación aparecía a canción aquela que falaba do ricos que están “os bistéqueles fritidos con las patácalas...”.
 

No medio, sen barba e con mostacho, Fito
 

O quinto disco apareceu en 1992, levou por título “Eu teño un compadre” e nel o grupo, sen deixar de afondar na liña popular, aportaba xa a interpretación dun poema de Fermín Bouza Brey musicado por Bernardo Xosé, noutrora cantautor de éxito e agora membro do conxunto. Cando aparece este quinto disco, A Roda está integrado por Fito Domínguez, voz, Bernardo Xosé, voz e guitarra; Xosé Manuel, voz; Tino, voz, gaita, frauta e percusión; Xavier, voz e violín; e Alfredo, voz e baixo.
 

 

“Rodando” é o título do sexto traballo, no que o grupo ofrece novas versións dos seus éxitos, con instrumentación electrónica. Nesta obra conta coa colaboración de Suso Fernández Alonso -gaita, frauta e percusión- e da acordeonista Mª B. Pedrido. En 1995, a Enxebre Orde da Vieira outórgalles a Vieira de Prata á calidade artística, como mellor conxunto de música popular galega. Ese mesmo ano sai o disco “Os quintos”, onde A Roda volve a cantar ós poetas, neste caso a Rosalía de Castro e Bernardino Graña.
 

 
 
En 1998 gravaron “Onde Galicia é Portugal”, con temas portugueses e galegos, xuntando nun mesmo CD cancións como “As pombinhas da Catrina”, “Pezinho da vila”, a mesma que da título ó disco, e “Lévame”, “Lonxe da terriña” e “Alalá de Padrón”. O grupo que fixo a gravación estaba integrado por Fito, Bernardo Xosé, Alfredo, Suso, Roberto e César. E así foron saindo outros discos, ata case a dúcia e media. Trátase dun dos grupos que máis actuacións ofreceu fora de Galicia, tanto en Europa como en América, reclamado polas colectividades de emigrantes. Venezuela, México, Panamá, Inglaterra, Bélxica, Suiza e un longo etcétera saben moi ben dos seus éxitos.

 
D.E.P.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario