sábado, 29 de octubre de 2011

VIDEOS PARA A FIN DE SEMANA



5º aniversario da campaña



Vexa alguns dos spots dos supermercados Gadis, que tanto deron que falar

Coñeza o novo spot, recen estreado, feito para celebrar cinco anos de éxito

A axencia galega BAP&Conde foi a responsable da idea da exaltación do noso



Hai cinco anos, a empresa GADISA (Gallega de Distribuidores de Alimentacion, S.A.), que ten a sua central e centro loxístico no polígono de Piadela, en Betanzos, e conta con mais de douscentos supermercados Gadis en Galicia e Castela-Leon, deu no branco cunha campaña de publicidade totalmente distinta ás que estamos acostumados. Esta vez, os spots estaban cheos de orgullo galego e invitaban a que valorásemos cando de bo teñen o noso pobo e a nosa Terra para, deste xeito, vivir de acordo coa nosa cultura e tradicions. “Vivamos como galegos” é o slogan.
        Foi, sen dubida, a campaña publicitaria mais comentada do ano en Galicia e un gran exito para a axencia galega BAP&Conde, que tivo a idea e desenvolveu o proxecto para Supermercados Gadis, do Grupo Gadisa, que conta tamén con Supermercados Claudio, os Centros Comerciais Haley, Cash Ifa para maioristas e varias referencias mais no mundo da alimentación.
        Como sabemos que a maioria dos emigrantes galegos non tiveron ocasion de ver estes videos, hoxe ofrecemos nada menos que seis deles, xunto co que se acaba de estrear, celebrando o quinto aniversario desta campaña. Empezamos, precisamente, co do aniversario.
        Se é vostede é persoa sensible e vive desde hai anos lonxe da Terra, prepárase para as emocións que, sen dúbida, van provocar en vostede os videos que agora vai poder ollar. A moitos xa nos ten pasado, non se preocupe. E vivamos como galegos, aquí en Puerto Rico e ondequeira que haxa un fillo do Fogar de Breogán. Sí, vivamos como o que somos.


- 1 -
VIVAMOS COMA GALEGOS
1000 ANOS MAIS


- 2 –

VIVAMOS COMO GALEGOS



- 3 -
VIVAMOS COMO GALEGOS
!MALO SERÁ!



- 4 -
VIVAMOS COMO GALEGOS
EN NOVA YORK



- 5 -
VIVAMOS COMO GALEGOS
¡¡SUPERGALEGOS!!



- 6 -
VIVAMOS COMO GALEGOS
¡¡SUPERGALEGOS!! (2)

 


- 7 -
VIVAMOS COMO GALEGOS
O PRECURSOR




¿UNHA FOTO GALEGO-AMERICANA?

No hay comentarios:

Publicar un comentario