martes, 27 de septiembre de 2011

A BANDEIRA GALEGA
INSPIRA A RALPH LAUREN


        O famoso modisto norteamericano Ralph Lauren (New York, 1939) é coñecido dabondo en todo o mundo polo seu bo gusto, a calidade das súas prendas e a súa marca estrela, denominada Polo Ralph Lauren.

A roupa que el deseña véndese a alto prezo nas mellores boutiques, ou na súa propia tenda de Madison Avenue, na cidade dos arrañaceos, tamén coñecida como The Polo Mansión. Tense dito que a tenda deste deseñador de modas e empresario é a máis fermosa e elegante do mundo. O seu interior foi obra da famosa decoradora Naomí Leff.

        De Ralph Lauren, que cumprirá 72 anos o vindeiro 14 de outubro, é este deseño que luce a modelo, inspirado, evidentemente, na bandeira de Galicia, ainda que é moi posible que o modisto non o saiba. Sen embargo, está claro que lle gusta, porque tamén fixo algunha que outra prenda deportiva con este mesmo deseño. Velaí as probas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario