jueves, 18 de agosto de 2011

XORNADA MUNDIAL DA XUVENTUDE

O PAPA CHEGA HOXE
Á CAPITAL DE ESPAÑA


A ARRIBADA A BARAXAS ESTÁ PREVISTA PARA ESTE MEDIODIA, HORA ESPAÑOLA (06.00 DA MAÑÁ EN PUERTO RICO)


NA MADRILEÑA PRAZA DA CIBELES RECIBIRÁ A ACOLLIDA DA MOCIDADE CHEGADA DOS CINCO CONTINENTES

Grupo de peregrinos borícuas no Parque do Retiro en Madrid

PEREGRINOS DE PUERTO RICO DISFRUTARON DA ACOLLIDA DE PARROQUIAS DE GALICIA


As Súas Maxestades os Reis de España recibirán oficialmente este mediodía no aeroporto internacional de Baraxas ó Papa Bieito XVI, que arriba hoxe a Madrid para participar coa mocidade chegada dos cinco continentes na Xornada Mundial da Xuventude 2011.

        O principal acto cos mozos e mozas esta xornada será, precisamente, a acollida que se lle dará á Súa Santidade e que terá lugar na Praza da Cibeles. Sobre un millón de persoas podería agardar alí a chegada do Sumo Pontífice, que sairá ás nove e media da mañá do aeroporto romano de Ciampino para chegar á Madrid ás doce. O Rei Don Xoán Carlos pronunciará o discurso de benvida no Pavillón de Estado de Baraxas e o Papa respostarálle agradecendo a acollida que lle brindan España e os xoves católicos de todo o mundo.

        Á benvida en Baraxas asistirán, cos Reis, o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero; o presidente do Congreso dos Deputados, José Bono; o ministro da Presidencia, Ramón Jáuregui; o de Xustiza, Francisco Caamaño; así como o presidente do Partido Popular de España, Mariano Rajoy Brey; a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, e unha representación do concello madrileño.

        Pola tarde, ás seis e media, o Papa será recibido polo alcalde de Madrid, Alberto Ruíz Gallardón, e membros da corporación como a concelleira Ana Botella de Aznar, ou o portavoz socialista, Jaime Lissavetzky. O rexedor entregarálle as Chaves de Ouro da capital. A seguir, o sucesor de Pedro dirixiráse no Papamóvil cara a Praza da Cibeles, onde, sobre as oito do serán, terá lugar o acto de benvida da mocidade, ó que seguirá a Liturxia da Palabra e a intervención do Papa.

        Cando estea a chegar á Praza da Cibeles, pola rúa de Alcalá, a patrulla acrobática Águia, do Exército do Aire, pintará sobre o ceo de Madrid o ronsel das bandeiras do Vaticano e España.


MAIS DE CINCO MIL GALEGOS

        Segundo informou o xornal EL CORREO GALLEGO, mais de cinco mil xoves galegos estarán entre os milleiros que recibirán ó Papa en Madrid. O periódico engade que a diócese galega cunha meirande presenza é a compostelá, que movilizou a uns tres mil do total dos cinco mil contabilizados pola Igrexa. Dende o sur da comunidade movilizáronse mais de cincocentos, segundo declarou Benito Rodríguez Guerreiro, delegado de pastoral xuvenil da diócese de Tui-Vigo. Como nota curiosa, a mocidade de Lugo vestirá unha camiseta especial, deseñada para a ocasión polo famoso modisto lalinense Florentino Cacheda.

Deseño de Florentino Cacheda para os peregrinos de Lugo


        Sobre os sentimentos que provoca na mocidade católica este novo encontro co Papa, o xornal da capital de Galicia recolle este testemuño dunha moza de dezaoito anos, veciña da parroquia de Santiago de Arzúa e estudante de Comunicación Audiovisual:  

"Imos coñecer xente de todo o mundo, xente nova que comparte a miña fe, algo que cada vez é máis difícil vivir no meu contorno. É un soplo de enerxía e esperanza, ver que non estamos sos", engade a través do teléfono recén chegada a Madrid tras horas de viaxe en bus con outros mozos e mozas da diócese de Santiago, cos que comparte aloxamento nun colexio relixioso convertido, ó igual que moitos outros da cidade e arredores, en albergue para a ocasión.
En total, calcula Javier Porro, delegado de xuventude do Arcebispado de Santiago, mais de cinco mil xoves galegos viaxaron a Madrid en grupos organizados a través das dióceses e as parroquias, ainda que serán moitos mais os que de xeito particular se sumen á Xornada Mundial.
A organización agarda un millón de xoves procedentes dos diferentes puntos do planeta e sábese que unha parte deles, sobre uns dez mil, ou xa fixo escala en Santiago estes pasados días, ou visitarán a cidade do Apóstolo unha vez concluída a cita en Madrid.
Ademáis, moitas parroquias galegas acolleron peregrinos estes días. As mais xenerosas, como era de esperar, foron as rurais e as de menor poder adquisitivo. Tan só na diócese de Tui-Vigo acolleron a unhas mil cincocentas persoas de Australia, Haití, África e Xapón.

MAIS DE MIL PUERTORRIQUEÑOS
Segundo a publicación EL VISITANTE, “Puerto Rico cuenta con una delegación de sobre 1,000 peregrinos en España y,  sin duda, han dejado una huella palpable en cada lugar que han visitado como parte de su peregrinaje, cuyo objetivo principal es que cada uno de ellos se santifique y renueve su vida cristiana.  Desde que aterrizaron en España, han mostrado la gran alegría de poder ser partícipes del evento cumbre para la juventud de la Iglesia.
De hecho, fue  al ritmo de las pleneras, güiros y maracas que cantaban a viva voz: A “Madrid cantando”, “Llegamos a Madrid”, “Firmes en la fe” y otros himnos avivados que expresaban así su gozo y  satisfacción  tras lograr su sueño de llegar a la Jornada Mundial de la Juventud, resultado de más de un año y medio  de esfuerzo, sacrificio, apoyo comunitario y mucha perseverancia. 
Los peregrinos de la Diócesis de Caguas viajaron junto al Padre Yamil Veláquez y el vicario de pastoral juvenil Padre Miguel Claudio. Al cierre de esta edición, se esperaba que su Obispo Monseñor Rubén González también los acompañara.  
Además, hay muchos grupos que decidieron viajar aparte de su diócesis. Este ha sido el caso de varias comunidades parroquiales adscritas a la diócesis de Ponce y Mayagüez.  Otro ejemplo lo fue un grupo de 16 peregrinos de la Parroquia Nuestra Señora del Perpetuo Socorro de Hatillo que fueron acompañados de su párroco y otros adultos. La delegación de mayor cantidad de peregrinos es de la diócesis Arecibo; sobre 200 jóvenes que son acompañados por Padre Orlando Lugo.
Houbo bomba e plena puertorriqueñas no fogar de Breogán

BORÍCUAS… ¡EN GALICIA!
EL VISITANTE informa tamén sobre algo que nos encheu de ledicia: “La Arquidiócesis de San Juan viajó con su Vicario de Pastoral Juvenil, Fray Ramón “Monchy” Negrón, y compartió en la diócesis de Santiago de Compostela, al igual que lo hicieron los 40 peregrinos de la delegación de Fajardo-Humacao. Durante los días previos a la jornada, los jóvenes peregrinos han tenido la oportunidad de poner su fe en acción y darse  al servicio de las comunidades de España, dando así testimonio del amor caritativo y fraternal de Dios.
Todos los que participaron del programa de los días en las diócesis pudieron experimentar la hospitalidad española y también aprovecharon para conocer diferentes lugares de interés cercanos de donde se hospedaban.  En el caso de la delegación de Fajardo-Humacao fueron acogidos por la comunidad parroquial de Mesía de un sector rural de Galicia.
El párroco, Padre Víctor Blanco, se cercioró que además de tener donde reposar, lograran conocer la ciudad. Visitaron el Ayuntamiento de A Coruña, la Colegiata de Santa María, el Castillo de  San Antón, la Torre de Hércules y el Museo del Hombre. Además de ver zonas turísticas, visitaron baluartes históricos de la Iglesia. Celebraron la Eucaristía en la Iglesia Parroquial Santiago Apóstol y en la Catedral en donde reposan los restos del Apóstol.
De igual forma, recorrieron el último tramo del Camino a Santiago, previo a recorrer éste, se congregaron en el  Monte do Gozo, donde había una festiva bienvenida a todos los peregrinos de la JMJ. Entre ellos, se encontraban representantes de Australia, Venezuela, México, Estados Unidos, Brasil, Uruguay, Filipinas, Polonia, Alemania y España.
“ESTA COMUNIDAD DE GALICIA…
QUE NOS HA TRATADO TAN BIEN”
Para el Vicario de Pastoral Juvenil de la diócesis del este de la Isla, Padre Ramón Villamor,  la experiencia de poder compartir en la ciudad del Santo Patrón de su diócesis fue una gran bendición para el grupo de misioneros de la diócesis del Yunque. “Somos realmente privilegiados en poder acercarnos a donde descansa el apóstol Santiago, nuestro patrón quien siempre estuvo tan cerca de Jesús”, expresó. Los peregrinos compartieron momentos de oración y espacios de confraternización con la comunidad de acogida.
Todas estas experiencias han marcado por siempre a estos jóvenes.  De esto da fe el pastor que los ha acompañado durante todo el proceso, el Padre Ramón Villamor. “Estos jóvenes se van a llevar dos grandes cosas de todo esto, la primera es la interacción e integración entre ellos mismos, el convivir y el contacto con otras culturas; con esta comunidad de Galicia que nos han tratado tan bien”.


O arcebispo de San Juan, Monseñor Roberto González Nieves, leva xa uns días en Madrid, onde participa activamente nos actos da Xornada Mundial da Xuventude en contacto cos peregrinos hispanos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario