lunes, 4 de julio de 2011

FESTIVO EN PUERTO RICO E NOS EE.UU.


HOXE, INDEPENDENCE DAY
OU DIA DA INDEPENDENCIA



            Hoxe non abren os bancos en Puerto Rico, nin en ningún lugar dos Estados Unidos de América. Tampouco hai escola, nin atenden as oficinas gubernamentais. Porque hoxe é un dos días grandes do calendario: o INDEPENDENCE DAY, ou DIA DA INDEPENDENCIA, festa nacional que conmemora o dia en que se asinou a Declaración de Independencia, en 1776, pola cal os Estados Unidos proclamaron a súa separación formal do Imperio Británico. Adoitase celebrar este Dia con moitas actividades ó aire libre e, sobre todo, espectáculos de fogos artificiais. Outros, como pasa en todas partes, aproveitan para facer vacacións e alonga-la fin de semana un dia mais.
            Trátase, en todo caso, dun acontecemento de fondo significado patriótico, como ten salientado un comentarista do xornal The Post Chronicle, moi crítico co feito de que ós nenos se lles ensine nas escolas que “o 4 de xullo” é un dia de vacacións escolares, sen falarlles do verdadeiro sentido da efeméride:
            On the 4th of July 1776, the United States of America was born. It was on this date that We The People officially claimed our independence from Britain and a Democratic Republic was born. Those brave men and women who have chosen to protect, fight and even die for our republic know the real significance and meaning attached to it. It is not the "4th of July". It is Independence Day, an independence that was and is drenched in the blood of our citizens who were and are willing to die for freedom from tyranny, and to maintain liberty.
            God Bless América, and God Bless Our Troops!
          
            O 4 de xullo de 1776 naceron os Estados Unidos de América. Foi nesta data que nós o pobo oficialmente reclamamos a nosa independencia de Gran Bretaña e a República Democrática naceu. Os bravos homes e mulleres que optaron por protexer, loitar e ata morrer pola nosa república saben do real significado e sentido a ela vencellados. Non é o "4 de xullo". É o Día da Independencia, unha independencia que era e é bañada co sangue dos nosos cidadáns que foron e están dispostos a morrer por liberala da tiranía, e para manter a liberdade.
            Deus bendiga a America, e Deus bendiga as nosas tropas!


            En relación co INDEPENDENCE DAY, o xornal puertorriqueño El Nuevo Dia salienta na súa edición de hoxe que “este año se celebra el 235 aniversario del acontecimiento que sentó las pautas para la formación de una potencia mundial, cuyas decisiones trascienden el ámbito económico, político y social en todo el mundo”.  E engade: “Para los puertorriqueños, la fecha es una excusa para disfrutar de un fin de semana largo, según coincidieron varios políticos”.
            O concello capitalino de San Juan e o Goberno puertorriqueño uníronse para conmemorar como é debido esta data e programaron, entre outros actos, varios concertos e un espectáculo de fogos artificiais na Lagoa do Condado.
            Actuarán a Banda Estatal-Orquesta Sinfónica de Puerto Rico, a Orquesta Sinfónica de la Escuela de Bellas Artes, a Dance Band de la Escuela Libre de Música e a Banda Jukebox. Anúnciase tamén o Repertorio Musical del Maestro Cuco Peña. O programa inclue, asimesmo, un Condado Culinary Fest, onde se vai poder degustar comida dos restaurantes da zona a prezos económicos. Ademais, haberá un espectáculo de esculturas de fogo polo artista Jonathan Dwayne e estacións de agricultores que participan do Mercado Urbano tamén estarán por alí para ofrecer os seus productos.
            Como parte das actividades do Día, o gobernador Luis Fortuño aproveitará para reinaugurar a Ponte Dos Hermanos.

CELEBRACIÓN A LO BORICUA
            Según el Secretario de Estado del gobierno de Puerto Rico, Kenneth McClintock –sinala tamén o citado xornal da capital puertorriqueña-, el Día de la Independencia de los Estados Unidos se celebra en la Isla porque “Puerto Rico es parte de la nación americana y nuestro día nacional es el 4 de julio. Es el día que celebramos la creación de nuestra nación y la aprobación de la independencia, que encierra los principios filosóficos que dieron pie a la fundación de la nación y que define qué es Estados Unidos de América”.
            ¡Feliz Dia a todos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario